Actividades

jueves, 3 de diciembre de 2015

Campaña de Nadal

A Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas comunica que durante o mes de decembro inicia unha campaña de incentivación do comercio local. 

Polo que aquelas persoas que se acerquen a Camariñas e merquen nalgúns dos establecementos participantes entrarán no sorteo de dous premios, un de 400€ e outro de 200€.


Tamén, dentro desta campaña, se organiza un concurso de escaparates de Nadal. Deste modo, teranse en conta aspectos como a creatividade, orixinalidade, efectividade do mensaxe publicitario, iluminación e composición para premiar o gañador.


No hay comentarios:

Publicar un comentario