Actividades

miércoles, 27 de mayo de 2015

ABANCA e os empresarios de Camariñas únense para impulsar o crédito e o consumo na comarca




§  As dúas entidades pechan un acordo de colaboración que pon o acento na reactivación económica da comarca a través de liñas vantaxosas de financiamento
§  A clientela poderá financiar as súas compras ata en 12 meses sen xuros nin comisións


ABANCA e a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística da Comarca de Camariñas veñen de asinar un acordo de colaboración co obxecto de impulsar o crédito e o consumo na zona a través de liñas de financiamento vantaxosas.

O convenio, que terá vixencia dun ano, foi rubricado pola presidenta da asociación, María Olga Campos Sánchez, e o director de Zona de ABANCA na Costa da Morte, Víctor Miguel Escarís Ínsua.

Credivenda e Compras Especiais
O acordo contempla fórmulas de financiamento gratuíto para os clientes das empresas adheridas á Asociación de Empresarios da Comarca de Camariñas, a través do sistema Credivenda (préstamo telefónico que se concede de xeito inmediato no propio establecemento) e do servizo Compras Especiais (para titulares de tarxetas de crédito emitidas por ABANCA). Os dous sistemas posibilitan que os clientes de ABANCA poidan financiar ata en 12 meses sen xuros nin comisións as súas compras nos establecementos integrados na asociación. Ademais, contribúen a incrementar as vendas establecementos adheridos e a mellorar a súa competitividade fronte ás grandes superficies.

Financiamento vantaxoso para os asociados
De acordo co convenio subscrito, os membros da Asociación de Empresarios e de Promoción Turística da Comarca de Camariñas accederán a produtos específicos deseñados por ABANCA, entre os que destacan o ‘Préstamo anticipo 0%’ para o pagamento de impostos, seguros sociais ou para o cobro de subvencións; préstamos persoais e hipotecarios, pólizas de crédito, avais, desconto comercial ou liñas de comercio exterior. Ademais, contarán con condicións melloradas na contratación doutros produtos do banco, como é o caso dunha tarifa plana para Terminais Punto de Venda (TPV).
Do mesmo xeito, dende as oficinas de ABANCA facilitarase información relativa ás opcións de financiamento a baixo custo contempladas no Plan Activamos e tamén sobre acordos acadados con organismos oficiais como ICO e Igape e as dúas SGR galegas. Ademais, ABANCA porá a disposición de todos os asociados xestores especializados en materia de seguros e banca electrónica, así como o seu Programa Cero Comisións, que permite aos clientes non pagar taxas polos produtos e servizos máis frecuentes.

2 comentarios:

  1. VICTOR MIGUEL ESCARIS INSUA
    ,ENGAÑA Y MANDA MENTIR A SUS SUBORDINADOS,
    QUE SON LOS MISMOS DE LAS PREFERENTES
    ,SOLO CAMBIO EL NOMBRE POR ABANCA...

    ResponderEliminar
  2. -ABANCA-VICTOR MIGUEL ESCARIS INSUA ES EL LADRON
    A CARGO DE ROBAR EN LA ZONA DE LA COSTA DA
    MORTE,CUIDADO CON EL PORQUE SE REBAJA A
    ROBAR CANTIDADES QUE DAN RISA-SI LO VEIS
    OS DAREIS CUENTA DE QUE ES UN FACO DE
    TODA LA VIDA,TRATA A SUS EMPLEADOS COMO SI
    FUERAN BASURA Y NO TODO EL MUNDO PUEDE SER
    TAN LADRON COMO EL....Y ES LADRON,LADRON...
    --ABANCA--ABANCA-ABANCA---

    ResponderEliminar