Actividades

viernes, 16 de diciembre de 2011

SINATURA DE CONVENIO COLABORACIÓN DA ASOCIACIÓN COA COFRARÍA DE CAMARIÑAS


  As 20:00 horas na sede da Cofraría de Camariñas, do día 15 de decembro de 2010. Olga Campos Sánchez como presidenta da Asociación e José Manuel Gerpe Ramos como Patrón maior da Cofraría de Camariñas, asinan un convenio de colaboración entre as entidades.

Establecen unha relación de apoio ás actividades de dinamización da cultura mariñeira e o seu patrimonio, así como actividades turísticas vinculadas ao mar.

O obxectivo desta colaboración é a de por en valor a cultura mariñeira en tódolos ámbitos a través de medidas que fomenten  o desenvolvemento de actividades culturais,  turísticas e recuperación do patrimonio oral e material marítimo e a súa difusión entre os veciños así como destino turístico de Camariñas.

Este convenio ten unha vixencia de 5 anos, dende o 2012 ata o 2017.

martes, 13 de diciembre de 2011

Subvención AGADER para o proxecto do Faro Vilán


No día de hoxe publicase a resolución das subvencións de AGADER, entre elas a concedida a Asociación de Empresarios e de promoción turística de Camariñas.

lunes, 5 de diciembre de 2011

IV FESTA DA PALILLEIRA


O vindeiro 10 de decembro no pavillón municipal desenvolvese a IV festa da palilleira, na que colabora  a nosa entidade. Celebraremos un sorteo con diferentes premios, entre eles unha fin de semana en Camariñas. Indicar aos comercios que desexan donar algún producto para o sorteo que ainda estan a tempo de facelo poñéndose en contacto coa asociación.

jueves, 24 de noviembre de 2011

CAMPAÑA DE COMERCIO NADAL 2011/2012




Polas compras ou consumos realizadas no Comercio e Establecementos Hostaleiros, que sexan socios/as da Asociación de Empresarios de Camariñas (busca o distinto da cartel da esquerda para identificar onde podes facer as compras) recibarás unha rifa que che dará acceso o sorteo que se realizará o vindeiro 7 de xaneiro de 2012, podendo optar aos 1300€ que se reparten en varios premios, que se mudaran por vales para que sigas mercando o resto do ano.


IV CONCURSO DE ESCAPARATES

PREME PARA DESCARGAR





A Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas convoca o IV concurso de Escaparates, que desenvolverá dende o 2 de decembro ata o 5 de xaneiro de 2012.

Poderán participar tódolos socios/as que dispoñan de establecemento. 

O prazo de inscripción remata o 2 de decembro de 2011.
Poderán descargar as bases "preme para descargar"