§
As dúas entidades pechan un acordo
de colaboración que pon o acento na reactivación económica da comarca a través
de liñas vantaxosas de financiamento
§
A clientela poderá financiar as súas
compras ata en 12 meses sen xuros nin comisións
ABANCA e a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística
da Comarca de Camariñas veñen de asinar un acordo de colaboración co obxecto de
impulsar o crédito e o consumo na zona a través de liñas de financiamento
vantaxosas.
O convenio, que terá vixencia dun ano, foi rubricado pola
presidenta da asociación, María Olga Campos Sánchez, e o director de Zona de
ABANCA na Costa da Morte, Víctor Miguel Escarís Ínsua.
Credivenda e Compras Especiais
O acordo contempla fórmulas de financiamento gratuíto
para os clientes das empresas adheridas á Asociación de Empresarios da Comarca
de Camariñas, a través do sistema Credivenda (préstamo telefónico que se
concede de xeito inmediato no propio establecemento) e do servizo Compras
Especiais (para titulares de tarxetas de crédito emitidas por ABANCA). Os dous
sistemas posibilitan que os clientes de ABANCA poidan financiar ata en 12 meses
sen xuros nin comisións as súas compras nos establecementos integrados na
asociación. Ademais, contribúen a incrementar as vendas establecementos
adheridos e a mellorar a súa competitividade fronte ás grandes superficies.
Financiamento vantaxoso para os
asociados
De acordo co convenio subscrito, os membros da Asociación
de Empresarios e de Promoción Turística da Comarca de Camariñas accederán a
produtos específicos deseñados por ABANCA, entre os que destacan o ‘Préstamo
anticipo 0%’ para o pagamento de impostos, seguros sociais ou para o cobro de
subvencións; préstamos persoais e hipotecarios, pólizas de crédito, avais, desconto
comercial ou liñas de comercio exterior. Ademais, contarán con condicións melloradas
na contratación doutros produtos do banco, como é o caso dunha tarifa plana
para Terminais Punto de Venda (TPV).
Do mesmo xeito, dende as oficinas de ABANCA facilitarase
información relativa ás opcións de financiamento a baixo custo contempladas no
Plan Activamos e tamén sobre acordos acadados con organismos oficiais como ICO
e Igape e as dúas SGR galegas. Ademais, ABANCA porá a disposición de todos os
asociados xestores especializados en materia de seguros e banca electrónica,
así como o seu Programa Cero Comisións, que permite aos clientes non pagar
taxas polos produtos e servizos máis frecuentes.
VICTOR MIGUEL ESCARIS INSUA
ResponderEliminar,ENGAÑA Y MANDA MENTIR A SUS SUBORDINADOS,
QUE SON LOS MISMOS DE LAS PREFERENTES
,SOLO CAMBIO EL NOMBRE POR ABANCA...
-ABANCA-VICTOR MIGUEL ESCARIS INSUA ES EL LADRON
ResponderEliminarA CARGO DE ROBAR EN LA ZONA DE LA COSTA DA
MORTE,CUIDADO CON EL PORQUE SE REBAJA A
ROBAR CANTIDADES QUE DAN RISA-SI LO VEIS
OS DAREIS CUENTA DE QUE ES UN FACO DE
TODA LA VIDA,TRATA A SUS EMPLEADOS COMO SI
FUERAN BASURA Y NO TODO EL MUNDO PUEDE SER
TAN LADRON COMO EL....Y ES LADRON,LADRON...
--ABANCA--ABANCA-ABANCA---