VII Campionato de Pesca "Cabo Vilán" en Camariñas
Modalidade Mar - Costa
07 de Marzo de 2015
Camariñas - Costa da Morte - A Coruña
BASES DA VII EDICIÓN DO CAMPIONATO DE PESCA
“CABO VILÁN” EN
CAMARIÑAS (07/03/2015)
Para poder participar os
pescadores que contarán coa correspondente licenza de pesca e coa licenza
federativa, de non contar con ela, esta será facilitada pola organización, a
que se lle deben de facilitar os datos persoais unha semana antes da proba, por
mor de tramitar o seguro correspondente.
ESCENARIO
O escenario será dende o Monte
Pedrosa- A Praia de Trece. Para a saída haberá dous puntos de encontro.; 1.-Portela
de Reira; 2.- Cemiterio dos Ingleses. A organización dependendo do número de
participantes poderá modificar as zonas de pesca o mesmo dia da competición.
NORMAS
DE DESENVOLVEMENTO
As 8:00 horas do 07/03/2015 os participantes estarán na
Lonxa de Camariñas para a presentación do programa. O Campionato constara de 2
mangas, que serán de 9:30 da mañán ata 13:00 horas , das 13:30 ás 15:00 horas a comida. A
segunda manga será das 15:00 horas ás 18:30 horas. Levaranse as capturas
para lonxa para facer o pesado e determinar a puntuación segundo as bases.
Os participantes non poderán
estar na zona de pesca antes do sinal “inicio de proba”. O sinal de “fin de
proba” é obrigatorio o cese inmediato da acción de pesca, debendo retirarse a
cana cobrando normalmente o aparello.
CONTROIS
A Asociación organizadora
disporá dos controis que considere necesarios.
NORMAS
DE COMPORTAMENTO
1.-Nas competicións de lance,
(en praia) non se permite entrar na auga.
2.- A posición do
participante, unha vez efectuado o lance, debe estar na parte seca do borde da
auga, desde onde exercitará a acción de cravado e loita coas pezas cravadas.
3.- O lance pode realizarse
desde calquera posición dentro do posto de pesca, realizados sempre en dirección
e dentro do seu espazo de mar delimitado pola prolongación imaxinaria do seu
posto. Quedan prohibidos os lances oblicuos.
4.- Prohíbese, así mesmo,
calquera lance realizado por detrás doutro participante contiguo que naquel
momento se atopase dentro da auga. Dende as rochas terase en conta unicamente a
seguridade dos participantes.
5.- O Xuíz ou os controis
poderán corrixir se é o caso a posición ou distancia do mar.
MATERIAL
DEPORTIVO
1.- O chumbo será de 60 gr. Mínimo e deberá sempre tocar
fondo. CANAS. Autoriza o uso de dúas canas en acción de pesca. As cañas de
reserva, sen limitación, poden estar montadas, con ou sen carrete, pero non co
aparello ou baixo de liña.
2.- CARRETES. É opcional o
tipo de carrete, xa sexa de bobina fixa ou
xiratoria. Nas probas de lanzado
usarase carrete recuperador.
3.- LIÑAS. Libres tanto en
diámetro, como na súa composición.
4.- BAIXOS DE LIÑA. Son libres
en dimensión, diámetro e composición. Soamente poderán ir provistos dun máximo
de tres amocelos. Permítese : Ter dispostos e provistos de isco cantos baixos
de liña considere necesarios. Utilizar, sempre fóra do amocelo, materias
atraentes como perlas e plumas coloradas,
pezas fluorescentes, etc. Non se
permite: Colocar nos baixos de liña, elementos olorosos.
5.- FLOTADORES. Prohíbese o uso de flotadores nas probas de
lanzado.
6.- CEBOS. Poderán utilizarse
toda clase de cebos naturais ou de orixe orgánico autorizados polo Organismo
competente en materia de pesca marítima. Queda prohibido o cebado das augas na
pesca de lanzado. Se as circunstancias de índole administrativo, limitasen
determinados cebos, a organización, previa autorización do Comité, porao en
coñecemento dos participantes con anterioridade á data de inscrición.
CAPTURAS
1.- Considéranse válidas: As que cumpran a medida mínima legal
establecida polo Organismo Autonómico competente como especies obxecto de pesca para a Competición, obtidas
en tempo e forma; a tal obxecto, os participantes deberán levar utensilios para
medir as pezas. A que fose extraída por
varios amocelos e aparellos de diferentes participantes, computaráselle como
captura válida ó participante que teña enganchada co seu amocelo a peza pola
boca.
2.- Non se considerarán
válidas: As pezas que teñan máis de un
amocelo na boca ou fóra dela de distintos participantes. As que non superen a medida legal
establecida. Os peixes manipulados
ostensiblemente. A presentación na
pesaxe de capturas non válidas, faculta ao Xuíz ou Xuíces da competición para
descalificar as pezas e deducir a puntuación que lles correspondería en caso de
ser consideradas como válidas.
3.- As capturas presentadas a pesaxe estarán libres de area, argazo, restos
de aparellos, auga o calquera outros corpos alleos ás capturas mesmas.
4.- Cada participante poderá levar as súas propias
capturas ou se non, éstas serán donadas a Cáritas Parroquial de Camariñas.
CLASIFICACIÓNS
1.- Establécense as seguintes
puntuacións para as diferentes capturas :
Grupo A: Robaliza, Dourada,
Sargo, Choupa e Pargo. Terán CINCO puntos por gramo de peso.
Grupo B: Pintos e Maragotas
que superen ou igualen o peso de 1
Kg terán TRES puntos por gramo de peso.
Todos os demais peixes que non
se atopen dentro destes grupos ou que non superen o 1 Kg, son da clase B terán
UN PUNTO por GRAMO do peso total de
capturas válidas.
2.- As clasificacións faranse
por zonas (sectores) e por mangas.
3.- Clasificación individual
tendo en conta as capturas válidas e o
seu peso. En caso de empate: Na clasificación individual por manga: desempatarase
pola peza maior, e se continúa a empate asignaráselles o mesmo posto. Na
clasificación final individual: Se hai empate na suma de postos das diferentes
mangas terase en conta : O participante
que obtivese un mellor posto nas mangas.
PREMIOS
1º 500,00 € + trofeo
2º 300,00 € + trofeo
3º CANA (valorada en 100 €) + trofeo
4º CARRETE (valorado en 80€)
5º CANA (valorada en 72 €)
PREMIOS ESPECIAIS
PREMIO A MAIOR CAPTURA: 200€
PREMIO O 1º CLASIFICADO DO CONCELLO DE CAMARIÑAS*: RELOXO (valorado en 120€).
*Este premio non poderá ser concedido a ningún dos dous primeiros premiados.
Nº TELÉFONO: 647.60.81.58 - 647.39.80.23
CORREO ELÉCTRONICO: asociacionempresarioscamarinas@gmail.com
INSCRICIÓN : 50,00 € (inclúe licenza federativa, comida e cea con pintxos durantes a entrega de premios).
Se xa dispoñe de licenza federativa para o 2015 a inscrición son 35,00€.
INGRESO Nº CTA: ES10 2080-0061-53-3040002859
Unha vez cuberta a inscrición e feita a transferencia bancaria pregase envíen por correo electrónico a inscrición e o recibo bancario para confirmar asistencia
ORGANIZADOR:
ASOCIACIÓN DE
EMPRESARIOS E DE PROMOCIÓN TURÍSTICA DE CAMARIÑAS
COLABORADORES:
FEDERACIÓN
GALEGA DE PESCA
CONCELLO DE
CAMARIÑAS
COFRADÍA DE
PESCADORES DE CAMARIÑAS
RAMÓN CAMPAÑA
LISTA
JUANA´S SPORT
PATROCINADORES:
INDUSTRIAS
CERDEIMAR
RECREATIVOS
GRIFOMAR
XOIERIA A CARAMIÑA
MUEBLES
SAMBADE
RICARDO MAS E
HIJOS
CONSTRUCCIONES
CASAL
CONSTRUCCIONES
PIRUCHO
CARPINTERÍA
ALBERTO
AUTOS FONDO
SUPERMERCADO
DÍA CAMARIÑAS
ESTRELLA
GALICIA
SPORT
EVIA
FOLLA DE INSCRICIÓN:
VII CAMPIONATO DE PESCA DE CAMARIÑAS 07/03/2015NOME:
APELIDOS:
DNI (axuntar fotocopia):
DATA DE NACEMENTO:
DIRECCIÓN COMPLETA:
TELÉFONO:
CORREO ELECTRÓNICO:
Nº LICENZA FEDERATIVA (axuntar fotocopia):
Firma e data
No hay comentarios:
Publicar un comentario