Actividades

domingo, 1 de diciembre de 2013

EXPOSICIÓN "FORMAS Y CONTENIDO" DE DAVID DE LORENZO

EXPOSICIÓN "FORMAS Y CONTENIDO" 
DE DAVID DE LORENZO



O sábado 30 de novembro ás 12:00h fixose a presentación da nova exposición do pintor David de Lorenzo que expón entre outras obras a súa última colección de árbores en acuarela, tinta china e anilina. As obras, en exposición e venta, estarán no FARO VILÁN - CAMARIÑAS ata finais de xaneiro.




De Lorenzo ten realizado moitas exposicións en Madrid, e tamén nalgún país extranxeiro como Holanda, Itália, Bélxica... Traballa tanto con Óleo/Acrílico, Acuarela, Tintas, Debuxo artístico, Retratos, Grabado e inclusive Escultura e Cerámica.




Nesta ocasión, no Faro Vilán de Camariñas, dentro da exposición "Formas y contenido" presentará obras en óleo e acrílico, pero principalmente destaca a súa última colección de árbores en acuarela, anilina e tinta china.




Un proceso de transición entre a pintura figurativa e a abstracción, nas que se mostra un estudo dos axentes plásticos das técnicas de acuarela...expresionismo figurativo cargado de cor e forza.


FOTOGRAFÍAS DE LA EXPOSICIÓN: PINCHA AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario