Actividades

viernes, 16 de diciembre de 2011

SINATURA DE CONVENIO COLABORACIÓN DA ASOCIACIÓN COA COFRARÍA DE CAMARIÑAS


  As 20:00 horas na sede da Cofraría de Camariñas, do día 15 de decembro de 2010. Olga Campos Sánchez como presidenta da Asociación e José Manuel Gerpe Ramos como Patrón maior da Cofraría de Camariñas, asinan un convenio de colaboración entre as entidades.

Establecen unha relación de apoio ás actividades de dinamización da cultura mariñeira e o seu patrimonio, así como actividades turísticas vinculadas ao mar.

O obxectivo desta colaboración é a de por en valor a cultura mariñeira en tódolos ámbitos a través de medidas que fomenten  o desenvolvemento de actividades culturais,  turísticas e recuperación do patrimonio oral e material marítimo e a súa difusión entre os veciños así como destino turístico de Camariñas.

Este convenio ten unha vixencia de 5 anos, dende o 2012 ata o 2017.

No hay comentarios:

Publicar un comentario